Wednesday 15 de May de 2024

O Concello cortará o subministro de auga nas duchas das praias a causa da seca


A partir desta fin de semana, a auga de todas as duchas das praias de Oleiros quedará cortada ante a situación de seca que se está a dar. As fontes seguirán en funcionamento, para poder hidratarse.

No próximo recibo da auga, o Concello enviará a todos os domicilios unha serie de recomendacións para ter en conta e facer un uso responsable dos recurso hídricos. Entre proponse priorizar a ducha fronte o baño, lavar os dentes coa billa pechada, limpar froitas e verduras nun recipiente con auga e non coa billa aberta, reparar as billas que goteen xa que de media se perden ao día uns 30 litros de auga por esta causa; interromper o subministro de auga ás piscinas, minimizar o rego exterior e optar por técnicas de goteo ou utilizar centro de lavado de vehículos especializados ante o uso da mangueira, entre outras, serán chave para un mellor aproveitamento da auga.